O XII Seminario de Comunicación Social e Cooperación Internacional que organizamos dende a Asociación Galega de Comunicación Social (Agareso) e Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP) dentro do proxecto Escolas Sen Racismo concluiu o pasado mes de maio, coa entrega dos traballos grupais e individuais do alumnado. Compartímosvolos.
GRUPAIS
GRUPO 1: DIVERSAS
Andrea Bouzo, Uxía Castro, Iván Novegil e Antía Rodeiro
Unha reportaxe que trata de dar unha ollada ao panorama actual no tocante á educación sexual mediante fontes expertas así como experiencias vivenciais da mocidade.
GRUPO 2: NON HAI DEREITO. A LOITA DAS TRABALLADORAS DO FOGAR
Maria Carracedo, Valeria Salazar y Alba Suarez
As traballadoras do fogar son o único colectivo laboral en España sen dereito a paro. A loita xudicial dunha empregada de Vigo chegou ata o Tribunal de Xustiza da Unión Europea, que agora obriga ao Goberno español a cambiar a ley para acabar con esta discriminación de xénero. Estrella, Ana e Alicia, tres mulleres que traballan no servizo doméstico en Galicia, contan a súa experiencia e os problemas aos que se enfrontan na súa actividade.
GRUPO 4: MULLERES DO RURAL
Adela Hervés, Mar Sala y Marta Tiago
Co auxe da gran cidade, esquecemos que segue habendo vida no que agora chaman «profundidades». Como é a vivir alí? Isto evolucionou? Que implica ser muller no rural? Coa nosa reportaxe pretendemos, na medida do posible, resolver aquelas incógnitas que asomaron nas nosas cabezas á hora de abordar este tema. A través de dúas testemuñas moi diferentes visibilizamos a súa realidade. Damos voz á muller do rural.
GRUPO 5: O NÓ
Diana Iglesias, Alfredo Teja y Mara Varela
As nosas vidas son un fío. Un cordel no que aparecen nós que enmarañáronse nalgún tramo do seu recorrido. As veces, neles entrelázanse outras vidas que os atravesan formando unha intersección. Deses nós está feita a nosa realidade. Diversa, complexa, humana. “O nó” conta cómo algúns deses fíos chegaron a enredarse entre sí.
INDIVIDUAIS
Sobrevivir sendo refuxiado. A historia de Juan Sosa. De Adela Hervés.
Este é un podcast de 20 minutos que fala de Juan Sosa Maldonado, quen nos narra en primeira persoa a súa historia como defensor de dereitos humanos e refuxiado político, ademais de explorar a situación mexicana, o seu país de orixe.
Rusofobia. De Antía Rodeiro.
Que pasa se non podemos dicir o que pensamos libremente? Que ocorre se nos silencian, e o noso silencio xera odio? Escuchemonos, falemos de Rusofobia.
Coida dos bichiños. De Mara Varela Castro.
É un proxecto audiovisual que trata de reflexar as distintas iniciativas que teñen lugar en Santiago de Compostela en canto á busqueda do benestar animal, a través de entrevistas realizadas a distintas colaboradoras que traballan mediante iniciativas diferentes.
Descubriendo el Ramadan. De Maria Carrecedo Añón.
O obxectivo deste podcast é introducir o Ramadan, unha práctica sacra na relixión islámica e que cada ano é realizado por millóns de persoas. Para iso, contamos cos testemuños de Dounia O Aflahi (32 anos), Inès Boudhiafi (21 anos) e Mehdi Ahuanou (23 anos), que nos comparten o seu día a día durante este mes e como o viven persoalmente.
Un peixe fora da agua. De Andrea Bouzo Farina
As Xubias resiste e como di Bautista, veciño e protagonista do teaser, é un peixe fora da auga, pero ao que aínda lle quedan forzas para pelexar e, quen sabe, quizais cun pouco de axuda das administracións, puidera volver ao mar. Este documental pretende facer eco das testemuñas dos veciños, e invitar a reflexión sobre o plantexamento do desenvolvemento urbanístico que se está levando a cabo no extraradio da cidade.
Esperanzas en peligro de extinción. De Alfredo Teja
Un mércores 9 de maio publicábase o DOG o Decreto 88/2007. Este formalismo burocrático significaba que a administración autonómica puña como “un dous obxectivos prioritarios dá política” a protección das especies ameazadas. Agora, 15 anos despois, brotaron algunhas flores desa semente, aínda que quizais non as que se esperaban. Esta investigación céntrase no proceso de desenvolvemento deste catálogo, desde un enfoque ourensán. Para “aterralo” na miña contorna.
https://medium.com/@AlfreTeja/esperanzas-en-peligro-de-extinci%C3%B3n-bf53dd931c3b
Dios no quiere esclavos, nunca los quiso. De Valeria Salazar Vázquez
Esta fotorreportaxe narra a vida dentro dun dos lugares máis sacros, e poderiamos dicir exclusivos, dentro da relixión cristiá, un convento de monxas de clausura. O convento das Carmelitas Descalzas de Santiago de Compostela hoxe en día alberga a oito irmás, presididas todas pola nai superiora Ana. Con esta fotorreportaxe quixen introducirme na vida diaria do convento, costumes, liturxias, visitas, etc. ademais de tratar certos tecnicismos dentro da vida relixiosa que acaban solapándose coa vida cidadá. https://readymag.com/u3067128523/3657403/
Mulleres Salgadas. De Uxía Castro
Reportaxe en formato radiofónico que resume os primeiros anos de vida da asociación de mesmo nome. Mulleres Salgadas é unha asociación de traballadoras do mar que naceu na Ría de Arousa no ano 2016. En canto ao formato, a miña proposta ten por base unha tertulia a catro entre a Xunta directiva da asociación, de onde se extraen as principais ideas que serven de base para conducír ao oínte a través dunha reportaxe que resume da súa breve historia.
Jaba Sénenuglan. De Mar Sala Oltra
Polas súas características xeográficas, a SNSM conforma un conxunto de ecosistemas dos máis biodiversos do planeta, converténdoa nun punto esencial para o equilibrio e a saúde global. A SNSM tamén é fogar de catro pobos indíxenas, os Arhuacos, os Kogui, os Kankuamos e os Wiwa, quen unen forzas para combater ameazas externas que veñen producindo desde a época colonial -como a implantación de mega proxectos mineiros e turísticos. Jaba Sénenuglan é un chamado á acción, á cooperación e a abrir o noso corazón.
Alcoa, la ultima lucha obrera. El exterminio de la industria aluminera en España. De Alba Suarez Lareo.
A resistencia dos traballadores das fábricas de aluminio da Coruña e Avilés foi emblema da loita obreira. O despedimento masivo executado este mes pon fin á súa longa e agónica batalla, mentres se consuma o peche decidido por Alcoa. A reportaxe pon en contexto esta loita, co proceso de retirada de España da multinacional, unha vez espremidos os beneficios da época na que gozou de privilexios e rebaixas eléctricas. Alcoa deixa tras de si terra queimada. España deixou de fabricar aluminio primario e a compañía xa só mantén un dos dez centros de traballo cos que se fixo hai 24 anos na privatización de Inespal. Os traballadores falan de espolio. Ver reportaxe.
Una nueva vida. De Marta Tiago Calzado.
O meu traballo consiste en visibilizar os coidados a familiares en situación de dependencia a través dunha fotoreportaxe. Con iso, trato de dar voz a realidades que cada vez son máis comúns. Ademais, poño foco á figura da muller coidadora. Ver reportaxe.
Comentarios recentes