MATERIAIS

Axenda Escolar Feminista

Como actividade complementaria ás que se veñen desenvolvendo en materia de xénero ao longo do proxecto e nos centros participantes, seguirase cunha actividade que se desenvolve no marco do proxecto dende a edición de 2017 como é a elaboración conxunta entre os centros da axenda feminista. 

“Non existe nin historia nin cultura sen Mulleres” podería ser o lema deste material no que cada centro seleccionará e deseñará a historia de vida de unha ou varias mulleres importantes para o seu centro ou para a súa vila, que contribuíron cos seus traballos en diferentes ámbitos do activismos, da cultura, da educación, etc. En definitiva creadoras de cambios sociais. Esta axenda converterase nun material didáctico feminista que busca a sensibilización en aspectos da Igualdade, e a visibilización das mulleres que dedicaron ou dedican o seu esforzo, a súa vida, nas loitas sociais ou na defensa dos dereitos e liberdades das mulleres. 

Ademais de ser un material con información útil para o vindeiro curso académico (planning mensual, horarios, calendario escolar, información e programas de cada centro, etc), tamén será un material didáctico feminista que busca a sensibilización en aspectos da igualdade e a visibilización das mulleres que dedicaron ou dedican o seu esforzo, a súa vida, nas loitas sociais ou na defensa dos dereitos e liberdades das mulleres.

Axenda 20-21

Axenda Laxeiro

Axenda Laxeiro Marcas