Nós

Quen facemos #esr

Agareso
Asociación de Cooperación Por la Paz

AGARESO

Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (AGARESO) é unha organización sen ánimo de lucro, formada por un colectivo de profesionais do mundo da comunicación en Galicia que cren no poder da comunicación como ferramenta de transformación social. 

O seu principal obxectivo é utilizar as ferramentas de comunicación para conseguir a Transformación Social, principalmente a través de proxectos de Cooperación Internacional, Educación para o Cambio e Acción Social.

Máis información en: https://www.agareso.org

ACPP

Asamblea de Cooperación pola Paz (ACPP) é unha ONG sen ánimo de lucro, laica, independente de calquera opción partidista, defensora dos valores democráticos desde unha opción de xustiza social e económica e que, desde o seu nacemento en 1990, aposta firmemente polo pacifismo, a tolerancia e o diálogo.

Apoiamos á sociedade civil, democrática e progresista dos países en vías de desenvolvemento, xerando organización local, fomentando a participación cidadá e a procura de alternativas para conseguir sociedades máis xustas e máis democráticas, onde os beneficios do desenvolvemento se redistribúan máis equitativamente, dando o protagonismo aos axentes locais.

Máis información en: www.acpp.com 

ESRAgareso incorporou no curso 2011/2012 a comunicación para o cambio social ao proxecto Escolas sen racismo, escolas para a paz e o desenvolvemento que a ONGD Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP) viña implementando en centros educativos de Primaria e Secundaria. Este novidoso enfoque materializouse en obradoiros radiofónicos e audiovisuais e, con posterioridade tamén de prensa e de comunicación de guerrilla, para a formación en valores. Outra das compoñentes principais do proxecto é o Seminario de Comunicación Social e Cooperación que desde 2010 realizamos na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC e que achega outras formas de facer xornalismo e de entender a responsabilidade social da comunicación. Todas estas actividades contan co financiamento da Xunta de Galicia.