Obradoiros Educomunicativos
TV Escolar
DURACIÓN
6 sesións de 100 mins
ALUMNADO
ESO
6º de Primaria
NECESIDADES TÉCNICAS
- Proxector
- Altofalantes
O obxectivo do obradoiro de TV Escolar é mellorar as capacidades do alumnado en materia de comunicación para o cambio social para a creación dos seus propios discursos críticos co medio audiovisual.
Está pensado para 6 sesións de 100 minutos e está enfocado principalmente á ESO, aínda que tamén pode traballarse no último curso de primaria.
Este taller mestura a teoría coa práctica, pero primando esta última, xa que a idea é aprender facendo. O alumnado divídese en grupos nos que, dependendo da historia que queramos crear, poderá haber varios equipos de gravación ou só un no que se dividirán en guionistas, sonidistas, cámaras, director/a…. A preparación do contido é unha parte fundamental do obradoiro, xa que o obxectivo non é facer un audiovisual bonito ou artístico, senón que é unha ferramenta de denuncia social, de creación de conciencia ou de expresión de inquedanzas para a adolescencia. A temática podo ser escollida polo propio centro educativo mentras estea enmarcada na Educación Transformadora.
No caso, por exemplo do IES Milladoiro de Santiago de Compostela, o centro optou por facer un audiovisual sobre a rede de traballo impulsada polo IES, que integra os principais actores sociais do barrio de Milladoiro (centro de saúde, garda civil, ANPAS, ONG’s, etc…). Desta maneira, o alumnado aprendería os distintos procesos do audiovisual e ao mesmo tempo levarían a cabo un vídeo que logo lle serviría á propia rede como medio de difusión.
Nos casos como o IES Xulián Magariños de Negreira, que tiña como proxecto de centro a creación dunha televisión escolar, ademais da formación do alumnado, engadimos o asesoramento ao profesorado que ten intención de poñela en práctica e a creación dun plan de sostenibilidade para a mesma. O enfoque que enpregamos para os medios de comunicación escolares é o mesmo que impulsamos nos medios de comunicación comunitarios de Latinoamérica, xa que só serán sostibles se están realmente integrados na comunidade educativa, se existe rotación de persoas voluntarias e se establecen un proceso de formación permanente.
Necesidades técnicas:
Proxector
Equipo de gravación básico:
Cámara
Trípode
Micrófono
Gravadora de audio
Auriculares
Se se quixera montar un estudo de gravación as necesidades técnicas amplíanse, tanto en número de cámaras, microfonía e trípodes, como en cableado e iluminación.
Plan de viabilidade
Plan de viabilidade da TV Escolar XEMA TV