Comunicación Social e Cooperación na Universidade

O seminario

#ESR ofrece, dende 2010, un Seminario de Comunicación social e Cooperación na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC que permite a quen o desexe mellorar as súas prácticas comunicativas aplicadas ao sector social, xornalístico ou da produción audiovisual.

Durante dez sesións de 4h cada unha trátanse temáticas transversais como o enfoque de xénero, o discurso do odio, o xornalismo e os dereitos humanos, a cooperación internacional con experiencias de ONG’s en terreo, teatro da oprimida, o terceiro sector en Galicia, audiovisual comprometido, a fotografía social e a radio comunitaria, alternando sesións teóricas e prácticas.

Ademais, dúas das persoas participantes teñen a opción de realizar unhas prácticas en terreo durante unha semana para completar a súa formación.

PRÁCTICAS EN TERREO DO ALUMNADO

Tras la valla (2019)

A rúa é nosa (2018)

Berros fronte o Majzen (2017)

Aínda que o fío condutor é a comunicación, non é necesario ter formación específica neste ámbito, xa que se terán en conta os distintos perfís profesionais das persoas asistentes para conformar os grupos de traballo.

Resumo da información máis relevante

– Curso de 40 horas presenciais (10 sesións de 4h).

– Todos os mércores de 16h a 20h, na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela.

– A cota de inscrición é de 100 €(presencial) e 80€(online).                                                                 

– Na modalidade online, poderase asistir ás conferencias en directo ou en diferido, pero non habrá posibilidade de asistir ás sesións das dinámicas de grupos

– O curso está destinado preferentemente a activistas, persoal técnico e voluntariado de organizacións sociais, estudantes e profesionais da comunicación, profesorado, profesionais e estudantes dos medios de comunicación.

– O alumnado que entregue un traballo individual e outro grupal, optará a unhas prácticas de 10 días en Marrocos con todos os gastos cubertos.

O Seminario