Obradoiros EDUCOMUNICATIVOS

Obradoiro de Radio

DURACIÓN

4 ou 6 sesións de 100 mins

ALUMNADO

5º ou 6º de Primaria

Secundaria

NECESIDADES TÉCNICAS

  • Proxector
  • Altofalantes

DESCARGA A GUÍA DIDÁCTICA

O obradoiro de Radio Escolar “Onda Solidaria” é un obradoiro de educomunicación no que se emprega como ferramenta a radio e que podo adaptarse a calqueira das temáticas de Educación para a Transformacións. Consta de 4 sesións prácticas de 110 minutos cada unha. E se o centro educativo está interesado recomendamos unha última sesión para a escoita e presentación dos traballos ás familias e a entrega de diplomas. 

Este obradoiro adoita impartirse a grupos aula, nunca máis de 30 personas, desde os 8 anos ata os 15. Pode consistir en varias fases, se o centro está interesado en repetir, e sobre todo se ten intención de por en marcha unha radio escolar que funcione de forma estable. Cando isto sucede, recomendamos formación específica para o profesorado que participará na súa implementación.

A radio escolar é unha ferramenta que non solo favorece a mellora de competencias técnicas, a lingua escrita e oral, o traballo en equipo…senón que fomenta tamén a reflexión en torno a cuestións complexas como a desigualdade, o desenvolvemento sostible, os medios de comunicación, etc.

Os obxectivos que adoitan acadarse neste obradoiro son:

Coñecer o mundo da radio e os medios de comunicación

Reflexionar sobre cuestións complexas como o feminismo, a equidade, a desigualdade, os dereitos humanos, o medio ambiente… 

Pasar de ser consumidores/as pasivos/as a creadores/as de mensaxes, fomentando a súa conciencia crítica ante os medios de comunicación, a publicidade, o cine ou a música. 

Fomentar a creatividade e a imaxinación. 

Adquirir competencias técnicas e na linguaxe escrita e oral.

Traballar en equipo

Divertirse aprendendo

Necesidades técnicas:

Unha mesa de radio sinxela. 

Varios micrófonos (nós contamos con 3) con cableado e pes de micro. 

Varios auriculares (nós contamos con 3)

Unha distribuidora. 

Uns altofalantes. 

Un pc cun programa de edición de audio instalado (nos utilizamos o AUDACITY, un programa de software libre, que se pode descargar de internet en https://audacity.softonic. com) 

Tamén é útil ( aínda que non imprescindible) contar cun canón na aula, que é interesante para que os nenos e nenas poidan ver tanto o programa de edición( mentres se está gravando) como a presentación ou vídeos que apoian graficamente os contidos dos que estamos a falar.

RADIO ESCOLAR FEMINISTA

A radio é unha ferramenta especialmente útil para tratar temáticas feministas, polo que ofrecemos unha guía didáctica específica para que os e as docentes que queiran poidan aplicala nas súas clases.

DESCARGAR GUÍA DIDÁCTICA

RADIO FEMINISTA

Plan de viabilidade

Plan de Viabilidade da Radio Escolar ONDA SOLIDARIA

Obradoiro de radio