Obradoiros
Trivial feminista
Durante o curso 2019/20, coa paralización das aulas presenciais por mor do Estado de Alarma xerado debido á expansión da pandemia da Covid-19, fíxose preciso adaptar ferramentas e metodoloxías. A pesares de posibles inconvintes como a fenda dixital, tamén se percibiu esta situación como unha oportunidade para a integración de contidos transversais e curriculares na aula virtual, contidos que non sempre atopan fácil oco nas aulas presenciais.
Neste contexto deseñouse un formato que combinaba varias ferramentas interactivas e lúdicas con contidos teóricos sobre conceptos tales como xénero, socialización diferenciada, bo trato.. para concluír cun xogo en formato trivial cunha breve explicación e indicacións para o profesorado. Este material pode traballarse tanto nas aulas de maneira presencial como un recurso interactivo ou ben individualmente dende as casas.
Obxectivos:
- Promover a construción dunha sociedade baseada na igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, a partir do coñecemento, a reflexión e a comprensión dos factores que sosteñen as desigualdades.
- Coñecer as implicacións do sistema Sexo-Xénero na sociedade e na construción da propia identidade.
- Coñecer e respectar a igualdade entre os sexos.
- Analizar os axentes que interveñen na reprodución dos diferentes roles e estereotipos de xénero.
- Identificar os diferentes tipos de parella que se establecen: de fusión, de igualdade e de dominio
- Tomar conciencia dos mecanismos sobre os que se constrúe unha relación de maltrato
- Visibilizar e identificar a Violencia de Xénero para comprender o seu significado e alcance na identidade persoal e na sociedade.
- Dotar de habilidades persoais para a construción de relación igualitarias, de respecto e cooperación.