EXPOSICIÓN

Mulleres no Sur

É unha exposición que invita a realizar un percorrido en primeira persoa e coñecer as causas e as consecuencias da discriminación por xénero, realizando un percorrido polos seguintes eixes a través de 10 paneis expositivos:

  1. Educación e analfabetismo
  2. Autonomía e empoderamiento
  3. Dereitos sociais e económicos
  4. Feminización da pobreza
  5. Barreiras á saúde e violencia de xénero
  6. Invisibilidade da muller
  7. Avances e camiños por percorrer

 O material está composto pola exposición, un documental e unha guía para o profesorado, con propostas didácticas para abordar tanto a exposición como o documental. 

Os obxectivos deste material son:

  • Desenvolver a educación en valores de igualdade, respecto e diálogo.
  • Poñer en coñecemento outras realidades a través da investigación.
  • Concienciar sobre a fenda de xénero e as diferenzas segundo a realidade social en diversos países
  • Analizar os hábitos e as dinámicas familiares do alumnado.
  • Traballar o uso das TIC’s. 

O documental ten unha duración de 23 minutos, e complementa a exposición xa que propón un percorrido, dun xeito moi visual, sobre as principais situacións de desigualdade que por cuestión de xénero, que padecen moitas mulleres e nenas en todo o mundo. 

Este documental está protagonizado por 11 mulleres, e fai un percorrido, a miúdo autobiográfico, sobre a situación da muller nos países do Sur, poñendo de manifesto as dificultades con que se atopan as mulleres (tanto no Norte como no Sur) no camiño cara ao desenvolvemento de sociedades plenamente igualitarias. Trabállanse sobre testemuño de mulleres activistas de Palestina, Israel, Tunisia, Marrocos, Mauritania, España, Guinea Bissau, Haití, República Dominicana, Honduras e Nicaragua. Países nos que ACPP leva traballando desde a súa constitución, apoiando aos movementos de mulleres no alcance dos seus dereitos como cidadás de primeira categoría. Posterior á visualización pódese realizar un debate tomando como referencia as actividades programadas na guía didáctica e o extraído das sesións previas de preparación.