Obradoiros educomunicativos

Obradoiro de Stop Motion

DURACIÓN

6 sesións de 100 mins

ALUMNADO

ESO
6º de Primaria

NECESIDADES TÉCNICAS

  • Proxector
  • Altofalantes

DESCARGA A GUÍA DIDÁCTICA

O stop motion é unha ferramenta que promove a creación de historias a través da animación. A fotografía é a base técnica, pero integrada co debuxo, a modelaxe de plastilina ou cerámica… ou calquera outra disciplina que permita crear escenas que sexan captadas coa foto para despois animalas.  

É unha técnica que fomenta o traballo en grupo, que promove a creatividade, especialmente pensadas para nenos e nenas en educación reglada ou clases extraescolares. 

Está plantexada para seis sesións de 100 minutos na que o alumnado creará de forma autónoma, pero coa coordinación do monitor/a, a historia, xa escrita previamente para a súa animación. 

Se o centro educativo quixese crear desde cero a súa propia historia, a única condición é que se corresponda coas temáticas da Educación Transformadora e requeriría de sesións previas nas que traballar o contido, con independencia da animación.  

Dentro do Escolas Sen Racismo só o traballamos con nenos e nenas de 6 de primaria, pero pode adaptarse a outros cursos, tanto da ESO como da segunda etapa de primaria. A metodoloxía está pensada para grupo aula, non máis de 25 alumnos/as, e necesítase, ademais do monitor/a e a/o docente, unha persoa voluntaria da organización para posta en práctica, debido á complexida da técnica.   

Obxectivos do obradoiro: 

-Achegar ao alumnado a ferramenta audiovisual como método de reflexión acerca da distinta e diversa realidade que os rodea. 

-Construír unha mensaxe conxunta, con unha participación igualitaria para xerar unha peza de sensibilización. 

-Que o alumnado incorpore as técnicas vistas no obradoiro e teña a posibilidade seguir xerando contido unha vez finalizado o obradoiro. 

Necesitades técnicas: 

  • Tres móbiles, como mínimo. 
  • Trípodes para móbiles
  • Materiais de debuxo, modelaxe, bonecos… a escolla dependerá do centro.
  • Pc con programa de edición 

Todo elo é a portado pola organización  

Como exemplo de resultados podedes consultar estes tres vídeos nos que traballamos animamos contos do #EscolaSenRacismo: