Obradoiros

Mediación

Obradoiro Stop Motion

Os conflitos forman parte da convivencia humana e, polo tanto, tamén no ámbito formal dos centros educativos existen conflitos. En función de como os manexen as partes implicadas estes poden ser máis ou menos construtivos, de aí a importancia de adestrarnos nas estratexias de resolución pacífica de conflitos. 

Unha destas estratexias, que agora mesmo está sendo posta en marcha en decenas de centros educativos de Galicia, é a mediación, a cal tamén é unha das apostas do ESR, EPD. 

A mediación debe ser entendida coma un proceso no que unha terceira persoa neutral (o mediador/a) axuda ás persoas en conflito a atopar unha solución por si mesmas a través do diálogo, firmando un acordo que satisfaga a ámbalas dúas partes. Constitúe así unha das apostas do proxecto pola promoción de ferramentas de resolución pacífica de conflitos.

Obxectivos:

  • Consolidar e fortalecer os proxectos de mediación escolar postos en marcha. 
  • Mellorar a convivencia no centro educativo potenciando a aprendizaxe dunha ferramenta como a mediación escolar orientada á resolución construtiva de conflitos
  • Dar apio externo ás necesidades dos diferentes equipos de mediación escolar antes citados.
  • Favorecer o intercambio de experiencias con outros centros que aposten pola mediación escolar como a mellor forma para xestionar os conflitos.

A metodoloxía está baseada na participación total do alumnado, a través das dinámicas e actividades que a educadora vaia guiando. Empregarase a metodoloxía das prácticas restaurativas por tratarse dunha ciencia que axuda á comunidade escolar a forxar relacións e resolver conflitos dun xeito integrador e participativo.