SEMINARIO COMUNICACIÓN SOCIAL E COOPERACIÓN INTERNACIONAL

VIAXE DE PRÁCTICAS

Todos os anos, realízase unha viaxe de prácticas cos mellores alumnos e alumnas do Seminario de Comunicación Social e Cooperación Internacional.

A viaxe ten 2 obxectivos:

– Coñecer de primeira man proxectos de cooperación en terreo

– Realizar un producto de comunicación social

Durante 10 días, o alumnado participante ten a posibilidade de levar a cabo un proxecto (audiovisual, escrito ou radiofónico) sobre algúns dos temas que descubren da man das diferentes ONG que operan no campo.