Obradoiros
Historias que contan
“Historias que contan” parte da proposta de relatos curtos, concisos e sinxelos que conteñen ensinanzas que incitan á análise de aspectos relacionados coa tolerancia, a solidariedade e a cidadanía no máis amplo sentido da palabra.
Os contos favorecen o desenvolvemento da imaxinación e a creatividade, ademais de axudar a entender a realidade. Propoñemos unha metodoloxía participativa que busca a reflexión e a implicación do alumnado, organizando as actividades ao redor da interacción e a comunicación mediante técnicas de traballo grupal e cooperativo.
Os relatos que presentamos no recurso “Historias que contan” son Carapuchiña segundo o lobo e O mono e o peixe.
Obxectivos
Carapuchiña segundo o lobo
- Favorecer a análise por parte do alumnado dos prexuízos e estereotipos existentes na sociedade como mecanismos xeradores da discriminación.
- Promover entre o alumnado actitudes e comportamentos que faciliten a convivencia e o entendemento dentro e fóra das aulas.
O mono e o peixe
- Propiciar a reflexión sobre temas relacionados co racismo e a xenofobia presentes nos actos da vida cotiá.
- Promover actitudes que faciliten o respecto aos demais e a interculturalidad dentro e fóra das aulas.
Desenvolvemento da actividade:
Os contos de “Historias que contan” fomentan a reflexión, a análise, a concienciación e o debate co alumnado, utilizando a literatura como ferramenta facilitadora para o diálogo nas aulas.
– Carapuchiña segundo o lobo é a historia de Carapuchiña, contada desde un novo punto de vista: o do lobo, o que permite abordar o conto desde unha perspectiva moi diferente. Propón actividades para comprender os mecanismos que xeran os prexuízos e estereotipos e fomenta o respecto á diversidade.
– O mono e o peixe é a historia dun mono que trata de salvar a un peixe de morrer afogado na auga. Presenta actividades para traballar a tolerancia e a interculturalidade.
“Historias que contan” diríxese especialmente a nenos e nenas entre 8 e 12 anos.
Cada conto está integrado nunha guía didáctica que propón diferentes actividades para traballar a educación en valores.