Obradoiros

En Busca do Desenvolvemento

Que é un país desenvolvido? E un país en vías de desenvolvemento? Como conseguir o desenvolvemento? 

Este recurso consiste nun xogo de estratexia para que a mocidade comprenda os procesos de desenvolvemento global e as variables que están implicadas no mesmo. A través dunha metodoloxía participativa, convídase ao alumnado a reflexionar sobre estes complexos procesos de maneira práctica e lúdica.

Para abordar a complexidade da temática (o desenvolvemento, variables que interveñen no proceso, diferencia Norte-Sur, as relacións internacionais, as transaccións, a débeda externa, etc.) proponse unha metodoloxía participativa que promove a reflexión práctica e, á vez, lúdica. 

En busca do desenvolvemento propón un xogo no que as persoas participantes terán que simular ser unha rexión do mundo que ten como obxectivo conseguir o desenvolvemento. A través das diferentes accións que se propoñen durante o xogo, poderán comprender os procesos de desenvolvemento mundial.

 Obxectivos: 

  • Coñecer e comprender as diferenzas Norte-Sur respecto ao desenvolvemento global, manexando conceptos relacionados co tema.
  • Comprender as transaccións internacionais e as súas consecuencias sobre o desenvolvemento dos países.
  • Sensibilizar aos/as participantes sobre a situación de desvantaxe das rexións en vías de desenvolvemento respecto a as rexións desenvolvidas.

Desenvolvemento da actividade:

En busca do desenvolvemento é un xogo de estratexia onde os e as participantes asumen os roles de 6 países ou rexións do mundo: Estados Unidos, Unión Europea, África Subsahariana,  Magreb – Oriente Medio, América Latina e Asia. O Banco Mundial será o coordinador das operacións e relacións internacionais.

Ao longo do xogo os equipos participantes deben relacionarse uns con outros por medio de transaccións para conseguir o seu obxectivo: o desenvolvemento. Para iso, deberán conservar ou aumentar o seu nivel de desenvolvemento mediante os indicadores que compoñen o Índice de Desenvolvemento: saúde, educación, seguridade alimentaria, medio ambiente, tecnoloxía e paz. Tamén intercambiando bens de mercado, axuda humanitaria, etc. Poderanse expor alianzas entre países, solicitar un préstamo ao Banco Mundial, facer fronte a catástrofes naturais e as súas consecuencias, etc.

Ao finalizar o xogo, cada rexión/equipo realizará unha avaliación do estado que alcanzou, analizando as variables e a toma de decisións que afectaron ao seu proceso de desenvolvemento. Gañará o equipo que máis se achegou aos obxectivos de desenvolvemento expostos.

O xogo vai acompañado dunha guía didáctica para profundar nos contidos que se traballan no mesmo.

 O xogo está dirixido a mocidade a partir dos 16 anos. Tamén as persoas adultas poden gozar dun xogo que lles permitirá simular situacións reais e propoñer estratexias para conseguir o desenvolvemento.