ENSINO UNIVERSITARIO
Introducción á Cooperación

O “Curso de Introdución á Cooperación, Educación para o Desenvolvemento e Comunicación para o Cambio Social”, enmárcase como previo á convocatoria de prazas do Programa de Coñecemento da Realidade (PCR) que convoca anualmente a UdC a través da Oficina de Cooperación e Voluntariado (OCV).
O presente curso está dirixido aquelas persoas beneficiarias dunha praza PCR, que antes de facer as súas prácticas en terreo deben coñecer minimamente as causas da desigualdade e a pobreza no mundo, a orixe, evolución e modalidades da Cooperación Internacional ao Desenvolvemento
O Curso terá como principais obxectivos:
- Coñecer conceptos clave e ferramentas para entender o ámbito do desenvolvemento e a cooperación, nun contexto globalizado como o actual, cunha visión crítica do modelo actual.
- Achegarse ás ferramentas para o deseño e execución de programas e proxectos de cooperación e educación para o desenvolvemento.
- Reflexionar e cuestionar as principais ferramentas e modelos de axuda o desenvolvemento.
- Coñecer boas prácticas para a construción e difusión de mensaxes positivas.
- O uso das ferramentas básicas de comunicación para difundir o que farán e verán en terreo.
En total o curso terá unha carga lectiva de 20 horas lectivas, divididas en 2 sesión de 10 horas presenciais, sendo un total de 12 as impartidas por ACPP e AGARESO.
Os contidos distribuiranse en 4 módulos temáticos: Introdución, Aproximación a Conceptos Clave; Xénero e Cooperación ao Desenvolvemento; Ferramentas metodolóxicas de Comunicación Transformadora (facendo especial atención a ferramentas e bo uso das mesmas co obxectivo que aquelas persoas que forman parte dos PCR podan facer unha boa difusión da súa experiencia en terreo e dos proxectos que están a visitar). A loita contra a pobreza, o enfoque de dereitos, a igualdade de xénero, a coeducación o enfoque ambiental e a diversidade cultural serán liñas transversais a ter en conta durante o curso, fomentando a utilización dunha linguaxe inclusiva.