Co seu sorriso atrapado detrás da máscara pero con clara emoción nos seus ollos, Roi Guitián, un clásico como relator -e quen parece ter aínda a mesma enerxía das primeiras edicións-, esperou con ansias o inicio da décima e última sesión do XI Seminario de Comunicación Social y Cooperación Internacional levado a cabo entre AGARESOAsemblea de Cooperación pola Paz (ACPP). Esta sesión coa cal culminou a edición, combinou novamente as modalidades de emisión vía streaming e presencial.

 Como principio do fin, o coordinador do Seminario, Antonio Grunfeld, empezou este último encontro sinalando o sabor agridoce pola culminación do curso e destacou a calidade a nivel de contidos cos que contou esta versión. Seguido a esta introdución deuse inicio á presentación do tema da Educomunicación e o Vídeo Participativo por parte de Roi Guitián, licenciado en Comunicación Audiovisual especializado en comunicación e educación e integrante de AGARESO. Roi é o encargado de coordinar os proxectos EpdLab e A Tribo.

Para iniciar, empezamos falando acerca da Educomunicación: “A que lles soa a Educomunicación?”, pregúntanos a todas as presentes. “A utilizar a comunicación como ferramenta para a educación”, respondeu unha das asistentes. Roi explícanos como esta é unha gran definición e seguidamente coméntanos que a “Educomunicacion é unha ciencia na que se integran ambas as disciplinas: a educación e a comunicación”.

 Roi ten moi coñecido este tema e o seu coñecemento bríndanos unhas ideas concisas para poder entender como isto da Educomunicación debe e pode utilizarse como recurso importante nos distintos ambientes educativos. “Os medios definen en parte nosa forma de ver o mundo” e é por iso que “os produtos culturais tamén son o reflexo desta mirada”. Como exemplo diso, falamos do proxecto EpdLab, o proxecto de educación para o desenvolvemento levado a cabo por AGARESO en varios centros educativos galegos, que ten como obxectivo educar en valores e incrementar o pensamento crítico dos nenos e nenas dos diferentes centros.

 Despois de compartir connosco experiencias e produtos de EpdLab, pasamos a falar achega do Vídeo Participativo, a segunda e última parte do relatorio.

 Para facernos unha idea e recalcar aínda máis a importancia deste tipo de produtos, Roi móstranos un exemplo dun dos primeiros talleres de Vídeo Participativo que levou a cabo, onde durante 6 meses traballaron nun taller audiovisual no que os usuarios do Centro Psiquiátrico Dr. Pi i Molisten Barcelona, realizaron dúas curtametraxes, unha reportaxe e un videoclip, entre outras actividades.

 Vimos tamén outro exemplo, “Imaxina que nada é imposible”, onde varias mozas dun centro de menores, falan sobre violencia de xénero cara ás mulleres, a necesidade de acabar co bullying, responden preguntas persoais e por último, falan dos seus soños e aspiracións.

 Despois destes exemplos Roi sinalou como un dos potenciais do Vídeo Participativo é que a persoa que grava, achega un fragmento de realidade. Quen participan poden ser honestas ao non estar ceñidxs a un guión. Trasládase a realidade dos participantes ao produto.

 Aínda que vimos outros exemplos deste tipo de proxectos, a conclusión foi clara: o Vídeo Participativo é importante como metodoloxía para integrar a comunicación como proceso máis que como resultado. “O mellor que ten traballar con ferramentas participativas é que se xera esperanza. O mais bonito é que non sabes como vai afectar ás persoas que participan. Contidos como estes visibilizan as distintas realidades”, afirmou Roi, para finalizar.

Na segunda parte da sesión, entrou a escena Natalia Monje, xornalista e historiadora. Encargada das comunicacións na ONG Ecos do Sur.

 “A comunicación sufriu unha transformación ao longo do tempo e o odio chega ao discurso público na era dixital”, sentenciou Natalia, quen, contou como Ecos do Sur chegou a notar a problemática do discurso de odio encamiñado cara ás minorías, por exemplo a migrante, coa cal traballa esta ONG. Ao identificar dicha problemática, a organización emprendeu o camiño para evidenciar a desinformación e o discurso do odio, temas cos que levan traballando xa 5 anos.

 Debido a que “a desinformación move multitudes”, Natalia sinala a preocupación real que hai que ter nun momento como o actual, no cal se debe prever que co Covid vén un momento crucial neste tipo de sentimento de “inseguridade”, polo que estamos dispostos a renunciar a liberdades en prol da “seguridade”.

 Durante a sesión definimos a que se lle chama discurso de odio, contra quen vai dirixido e cales poderían chegar a ser as consecuencias graves derivadas do uso deste tipo de narrativas e a súa escalada cara ao plano visible: “Non todo o discurso de odio termina en xenocidio, pero si todo xenocidio empezou en discurso de odio”.

 Para contrarrestar este tipo de discursos, Natalia sinalounos varias estratexias a utilizar como comunicadores. Unha delas a Contranarrativa como estratexia de resposta e outra, o xa coñecido “sándwich da verdade”.

Ao ser un tema bastante difícil de dixerir e para dinamizar a sesión, a xornalista puxo un exemplo no cal, os asistentes participaron identificando: o problema, o enemigx, a solución excluínte, emocións e contexto temporal/local. Con este exercicio, as persoas participantes lograron cooperar entre si para establecer problemáticas no exemplo pero sumado a iso, Natalia brindoulles ferramentas sobre como comunicar de forma alternativa e recalcou non esquecer nunca o poder que teñen as narrativas sempre na comunicación.

 Deste xeito e despois dun curto debate causado polo sabor agridoce de chegar ao final, deuse por culminado o décimo e último encontro desta, a edición XI do Seminario de Comunicación Social e Cooperación Internacional.